Saturday 11 de May de 2024

O domingo celebrarase o III Encontro Mocidade Voluntaria en Perillo


O III Encontro Mocidade Voluntaria no que participarán 22 ONG e entidades sociais da comarca celebrarase o próximo domingo día 24 de setembro a partir das 15:30 h na praza Afundida de Santa Cristina. A xornada está dirixida a que a mocidade poida coñecer aquelas entidades máis próximas que contan con persoas voluntarias por se puidesen espertar o seu interese pola colaboración.

Ademais dos postos informativos de cada unha das entidades participantes, realizaranse mesas redondas e faladoiros sobre voluntariado e cooperación. Haberá tamén actuacións musicais e a gravación en directo do programa Mociradio; un espazo radiofónico elaborado por un grupo de mozas e mozos de Oleiros e que se emite a través das redes.